Noticia

O CEDEIRA SD EN SEMIFINAIS DA COPA

24 de Mayo de 2017

Os nosos venceron ao CD Rosalía por 1 a 2

Imagen principal noticia

O Cedeira SD clasificouse para as semifinais de Copa ante un rival moi complicado no seu campo, o CD Rosalía. O plantexamento de David Pérez, adestrador do Cedeira SD, foi de buscalo partido dende o primeiro minuto e así chegaría o 0-1 por mediación de Jose M. De Magalhaes de remate de cabeza no minuto 3. Poñíanse moi de cara as cousas para os cedeireses pero tan só uns instantes depois os de Vilaboa marcaban o empate a 1 no minuto 6 con gol de José A. López deixando claro que non ia ser nada doado derrotalos. Xogábase moito balón largo xa que as dimensións do campo permitían que os porteiros sacasen moi lonxe e fruto disto houbo ocasións varias para ambos equipos. E dun saque longo de tantos David, o porteiro do Cedeira saiu ao borde da área para despexar o balón cas mans e o arbitro entendeu que o fixo fora dos límites coa consecuente tarxeta roxa directa. Era o minuto 37 e non pintaba nada ben ao xogalo resto do partido cun xogador menos. Entraba Martín a defender a portería e abandoaba o campo Alejandro Vázquez. Así remataría a primeira parte.

 A segunda parte foi ainda máis dura, non so polo calor sofocante senón pola contundencia coa que os xogadores buscaban o balón. O Cedeira con dez xogadores no campo non deixou en ningún momento de atacar o que tamén deixaba o terreo algo claro para o rosalía que tivo un par de opcións moi claras. Nunha destas ocasións unhas boas mans de Martín evitaría que o Rosalía se adiantase no marcador. O Cedeira seguía insistindo pero o balón non acababa de entrar, tiña pinta de que se chegaría á tanda de penaltis, ata que no 89 Daniel Bellas lanzou unha falta directa dende a banda dereita colando o balón pola base do pao esquerdo do porteiro, un golazo que daría o pase a semifinais para os cedeireses.

En semifinais, a dobre partido, espera o Meirás CF que eliminou a penaltis ao Eume Deportivo. O partido de ida disputarase no Misael Prieto en Meirás o domingo 28 de maio ás 17:30 h.

Acta arbitral: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=274186&cod_acta=274186



Leer también
22 de Julio de 2019Partidos de PRETEMPORADA 2019 - 2020
16 de Mayo de 2019Última xornada de Liga dos Aficionados.
17 de Febrero de 2019CEDEIRA SD vs WSF ALL STAR MIAMI CUP
28 de Noviembre de 2018CEDEIRA SD EN NEGRO.

Volver Noticiero

Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir su utilización, aunque debera tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades en la navegación. Si continúas navegando, aceptas su uso.

AceptarCambiar configuración