Noticia

REMONTADA MOI TRABALLADA E PARTIDAZO.

01 de Noviembre de 2017

UD CARRAL 3 - 4 CEDEIRA SD

Imagen principal noticia

Despois do mal partido de hai dúas semanas os nosos xogadores non baixaron o ritmo e se cadra o icrementaron xa que a semana pasada impoñíanse no Beco por 2-0 ao Olimpico e este domingo pasado facían o propio a domicilio ante o Carral.

REMONTADA MOI TRABALLADA E PARTIDAZO.

Non parecía que fose ser un partido de tantos goles e menos vendo a pelexa por cada balón cun centro do campo cheo e con certo dominio dos locais nesa zona. Froito disto e de erros propios chegaron dous goles do Carral en situacións moi parecidas en nun curto prazo de tempo, Jorge marcaba o 1-0 no minuto 17 e Patrik o 2-0 no 26.

Moi costa arriba se lle poñía o partido ao Cedeira SD ainda que non estaban a xogar tan mal como indicaba o marcador. A base de insistencia chegaban os saques de esquina e dun deles a falta dun minuto para rematar a primeira parte tocaba de tacón Samuel para marcar o 2-1 e acurtar distancias.

Ese gol no derradeiro minuto da primeira parte daría forza ós nosos para encarar a segunda parte doutro xeito. E así foi, no 56´marcaba Dani de tiro cruzado o 2-2.

Estabanse a xogar os minutos de máis dominio do Cedeira e chegaban as oportunidades ainda que non sería ata o minuto 69 cando Miguel marcaba o 2-3 cun golazo que certificaba a remontada. Remontada que aumentaba coa ventaxa dun cuarto gol por medio de Toni tan so dous minutos despois (2-4 no 71´)

Non daban nada por perdido os locais e dun saque de corner remataba de cabeza Jairo o 3-4, minuto 82.

Chegaban os derradeiros minutos cando hai que tela cabeza fria e terían unha oportunidade moi clara os de Carral para empatar o partido diante do noso porteiro David nun man a man. Sacou o balón no borde da área como puido. Seguirían presionando os locais pero os nosos aguantaron o resultado ata o final.

Os resultados deste fin de semana pasado puxo a clasificación moi apretada colocándose (18 puntos) clasificado o Cedeira SD a tan so 3 puntos do lider.

O próximo partido xógase na casa ante o AD Miño que se sitúa 6º a tan so un punto do Cedeira SD, así que os nosos necesitan todo o apoio no campo do Beco este sábado 4 de novembro as 18:00 h.



Leer también
06 de Agosto de 2018O fútbol na Patrona 2018
24 de Julio de 2018XXX COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
21 de Junio de 2018APÚNTATE E XOGA NO CEDEIRA SD
13 de Junio de 2018Comunicado.

Volver Noticiero

Según el artículo 22 de la Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico así como en el Considerando (30) RGPD informamos de que este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de CookiesAceptar