AMIGABLE INTERNACIONAL
20 de Febrero de 2018
Seleccións Sub-14 e Sub-16 RFGF FERROL Vs WSF ALL STAR

O vindeiro domingo 25 de febreiro 2018 teremos a oportunidade de disfrutar de dous amigables internacionais inéditos na nosa comarca.
O Cedeira SD en colaboración coa WSF, a RFGF e o Concello de Cedeira organiza dous encontros sub-14 e sub-16 que enfrontan ás seleccións da RFGF Delegación Ferrol e da WSF.
A WSF (World Soccer Foundation) é a encargada de organizar a MIAMI CUP, torneo no que participan equipos de diferentes paises. Do resultado da Miami Cup 2017 seleccionaron xogadores para unha xira por España que comezan en Madrid, pasando por Cedeira e rematando na Coruña.
As seleccións da WSF ALL STAR están compostas por xogadores de Chile, Ecuador, Estados Unidos, México e Panamá.
Os equipos que configuran as seleccións da Delegación de Ferrol estará representada por xogadores do CD As Pontes, CD Cariño, CD Narón, CF San Sadurniño, Eume Deportivo, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, Racing San Pedro, SD O Val, SRD Portuarios e Cedeira SD.
Os encontros terán lugar no campo do Beco (Cedeira - A Coruña) e a entrada é totalmente gratuita.
RFGF Delegación Ferrol Vs WSF ALL STAR
SUB-14 ás 17:00 h.
SUB-16 ás 19:00 h.