Noticia

3 FINAIS !!!

27 de Abril de 2017

TRES PARTIDOS PARA A PERMANENCIA.

Imagen principal noticia

O Cedeira SD consigueu unha importantísima victoria a domicilio ante o Eume Deportivo por 3 a 6 o pasado domingo 23 de abril. Saiu o Cedeira ó terreo de xogo con ambición, boa presión xa dende arriba e sen deixar xogar comodo ao equipo eumés. Resultado deste presión e bon xogo foron os goles de Suso (0-1 Min.18) de cabeza a saque dun corner e Alejandro Vázquez "Pana" de xogada (0-2 Min.37).Así con 0-2 chegouse ao descanso.

 Na segunda parte o Cedeira SD entrou no campo algo relaxado e producto diso foi o gol en propia porta de Piñon que poñía o 1-2 no minuto 48 nun centro que non parecía perigoso. Isto fixo reaccionar momentaneamente o nosos xa que o propio Piñon marcaría o 1-3 no minuto 53 e José M. De Magalhaes "Fol" de chilena o 1-4 no 56. Con moito partido por diante o Eume non se veu abaixo, ao contrario xa que Pablo no minuto 62 marcaba o 2-4 e Mario no 76 o 3-4. O temor a unha nova remontada sobre o Cedeira parecía notarse no ambiente. 4  cambios realizaría David para contrarestar o cansancio e o calor que serviría para aguantar e incluso aumentar a ventaxa dos cedeireses; Dani Bellas no minuto 84 poñía o 3-5 no marcador cun golazo marca da casa e David "Gemelo" facía o propio con outro golazo no minuto 89 quedando o xa definitivo 3 a 6. Na clasificación os nosos ascenden ao posto 11 con 36 puntos tendo moi preto o obxetivo da permanencia na categoría. O próximo partido e na casa este domingo 30 de abril as 17:00 h. e necesitan todo o voso ánimo ante o Cultural Maniños.

Estas son as " 3 FINAIS " que restan :

CEDEIRA SD - CULTURAL MANIÑOS (domingo 30 de Abril 2017 - 17:00 h. Campo O Beco Cedeira)

PORTAZGO SD - CEDEIRA SD (Jornada 33 - 7 Mayo 2017)

CEDEIRA SD - UD CARRAL (Jornada 34 - 14 Mayo 2017)

¡ VEN ANIMAR O TEU EQUIPO !



Leer también
06 de Agosto de 2018O fútbol na Patrona 2018
24 de Julio de 2018XXX COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
21 de Junio de 2018APÚNTATE E XOGA NO CEDEIRA SD
13 de Junio de 2018Comunicado.

Volver Noticiero

Según el artículo 22 de la Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico así como en el Considerando (30) RGPD informamos de que este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de CookiesAceptar