Noticia

2 FINAIS !!!

03 de Mayo de 2017

SEGUE A LOITA POLA PERMANENCIA

Imagen principal noticia

O Cedeira SD venceu por 4-2 o Cultural Maniños. Ainda enfrontándose ante un equipo xa descendido para nada foi doado o partido. Costaba chegar e cando se facía de forma clara non se conseguía marcar. Ata que no minuto 29 da primeira parte marcaba Dani Bellas un golazo dos chamados "Olimpico" de saque directo dende o corner. Remataba o primeiro tempo sin máis.

 A segunda parte foi máis entretida e o Maniños marcaba no 59 o empate a 1 por medio de José M. Fernández, o que obrigaba ao Cedeira a irse arriba e reorganizar un pouquiño a súa defensa. no minuto 61 realizaba David dous cambios dando entrada a Suso Carracelas por Manuel García e a Luis M. Candales por Alejandro Vázquez "Pana". Uns minutos despois concretamente no 67 Dani Bellas volvía a meter outro gol "Olimpico". Se xa é dificil ver un destes goles canto máis ver dous e realizados polo mesmo xogador !!!

 Pasaba o tempo e o Cedeira buscaba o terceiro para ter algo máis de tranquilidade o que chegaría por medio de José M. De Magalhaes "Fol" nun rechace que rematou aproveitando a súa velocidade, 3-1. Pero o Maniños seguía loitando e tan só un minuto despois metían o 3-2 obra de Iván Martinez. Tentaba o equipo visitante o empate nos minutos finais cousa que aproveitou Dani Bellas para colocar o 4-2 definitivo no 88 e así levar no persoal un "Hat Trick" e quedar cos 3 puntos na casa. Mantén pois o Cedeira SD o posto 11 na táboa con 39 puntos pero non obtendo ainda a permanencia a falta de dous partidos xa que a cousa da metade para abaixo da clasificación está apretadiña.

Estas son as " 2 FINAIS " que restan :

PORTAZGO SD - CEDEIRA SD (Domingo 7 Mayo - 18:00 h. Campo O Carrizo, Culleredo)

CEDEIRA SD - UD CARRAL (Jornada 34 - 14 Mayo 2017)

¡ VEN ANIMAR O TEU EQUIPO !




Volver Noticiero

Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir su utilización, aunque debera tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades en la navegación. Si continúas navegando, aceptas su uso.

AceptarCambiar configuración