Próximo partido:

CEDEIRA SD

Menu

A NOSA AFICION

  1. A PEÑA ESTRELLA Así chamada porque o seu local social estaba no baixo da casa antigamente ocupada por Estrella do carniceiro, na praza do Concello. Segundo me contan, a súa fundación foi aló polo ano 1950, por obra e gracia duns mozos que pretendían, entre outras cousas, xogar ao fútbol, e que rivalizaban co equipo da Area, o recén fundado Club Arena. A súa vida foi moi curta, apenas dous ou tres anos. AS MADRIÑAS A primeira madriña do Cedeira S.D. foi Consuelo Leonardo Hemida “A coxa de Licos”, desde 1970 ata 1972. Era unha muller con un extraordinario sentido do humor, sempre alegre e animosa, moi simpática. Acudía a todos os partidos e o seu entusiasmo era contaxioso. Non creo que ao longo da súa vida tivera un só inimigo. Sentía auténtica paixón polo fútbol, millor dito, polo club local (e polo Real Madrid). Descoñezo de quen foi a idea de que debería crearse ese “cargo” e que ela tivera a honra de ser a primeira en ostentalo, pero coido que acertou de cheo. A partires da temporada 1972-73 e ata 1987 a nova madriña foi Carmen Maseda Alonso. Desde logo non lle faltaban méritos para selo: animaba, increpaba aos árbitros se era preciso, acompañada ao equipo nos desprazamentos, prestábase a todo tipo de colaboración. En resumo, era incansable. Durante unha gran parte dese período formou parte de diversas xuntas directivas e, posteriormente, desde xullo de 1987 ata agosto de 1989, foi presidenta do club, a única muller que, polo de agora, ocupou ese cargo.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de CookiesAceptar