Entorno

CEDEIRA

Imagen entorno

Información Turística do Municipio de Cedeira (A Coruña, Galicia - España)

Información xeral:

Cedeira é un municipio da provincia da Coruña, en Galicia, España. Pertence á Bisbarra de Ferrol.

A Vila de Cedeira, cunha extensión de 84.86 km² distrubiudos nas parroquias de Cedeira, Cervo, Estieiro, San Román, Montoxo, Piñeiro e Régoa, limita ao oeste e ao norte co Océano Atlántico, ao leste co municipio de Ortigueira e ao sur con Cerdido e Valdoviño.

Cedeira é un dos municipios costeiros de Ferrol-Ortegal, onde o máxico e a fe se mesturan cunha natureza salvaxe. A 12 km do núcleo urbano encóntrase o famoso Santuario de San Andrés de Teixido. O turista que visita a localidade non debe abandonala sen gozar da beleza salvaxe de San Andrés de Teixido, da natureza autóctona da Serra da Capelada, da súa fermosa praia e, sobre todo, dos seus recoñecidos restaurantes, onde encontrará o mellor marisco desta parte do territorio galego.

Lugares de Interese:

É de visita obrigada o santuario de San Andrés de Teixido, a uns doce ou trece quilómetros de Cedeira. Un lugar magnífico onde as historias e o ruxir do vento e o mar nos fan ver imaxes increibles e fascinantes. Din que nesta terra tras a romaxe de setembro e tras caer a noite se escoitan o son de pasos perdidos na escuridade na escuridade e lamentos de pescadores arrepentidos en busca do perdón do Santo Apóstolo. Temen nesta terra que, ao chegar a última hora, non exista descanso para os mortais que non ofrendasen ao santo con, polo menos, unha visita á súa ermida. Fora como fora, o santuario é hoxe centro de turismo e lugar de reunión de visionarios, bruxos e santones e o certo é que, ante calquera temor ou por só curiosidade ou afán de coñecemento, é preferible que nos acheguemos, polo menos unha vez, a este santuario de peregrinación, de lenda e, por que non, de fe.

Fonte da información: es.wikipedia.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir su utilización, aunque debera tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades en la navegación. Si continúas navegando, aceptas su uso.

AceptarCambiar configuración