Próximo partido:

CEDEIRA SD

Menu
Imagen historia CEDEIRA SDHISTORIA 2
Imagen historia CEDEIRA SDHISTORIA 3

Imagen historia CEDEIRA SDHISTORIA 4
Imagen historia CEDEIRA SDHISTORIA 5

Imagen historia CEDEIRA SDHISTORIA 6

O FUTBOL EN CEDEIRA

  1. ETAPAS DO FÚTBOL EN CEDEIRA A primeira exténdese desde os comezos dos anos vinte ata o ano 1971, en que ¡por fin! o equipo local comeza a disputar partidos de competición oficial, despóis de federarse. A segunda etapa abarca desde 1970, ano en que, como se acaba de dicir, o concello habilita o antigo campo do Beco -pequeno e maioritariamente de terra, que dous anos despóis, se pechou con casqueiros e se ampliou, tanto ao ancho coma ao longo – ata o día de hoxe. En 1971, o equipo federouse co nome de Cedeira S.D.e, desde entón, disputa partidos oficiais en 2ª ou 1ª Autonómica (antes, Rexional) e algún que outro amigable no verán. En 1983 xa se dispón dun novo campo,(o novo campo de O Beco) moito millor que o anterior, que en principio foi de herba natural e que desde 2009 é de herba artificial. PRIMEIRA ETAPA : OS PIONEIROS O Deportivo Cedeira, o primeiro equipo serio que se formou en Cedeira - a principios dos anos vinte-, xogaba os seus partidos no antigo campo do Floreal. O CAÑÓN No Cañón, que aparece pouco despóis, xogaba os seus partidos nun terreo de xogo ubicado onde está hoxe o chalet de dona Peregrina Martínez. Vestía con camiseta branca e pantalón negro. Os dous citados equipos que non competían entre sí, senón que o facían contra outros de fóra, desaparecen a finais dos anos vinte. Para compensar, axiña se forma un potente equipo infantil (que será o cerne do Dragón, a segunda versión do Deportivo Cedeira) O DRAGÓN E xa en 1932 xurde o potentísimo Dragón, mestura destes xóvenes e parte dos veteranos do Deportivo Cedeira, dirixidos e reforzados durante a temporada estival por Alejandro, (xogador do Racing de Ferrol, que en 1935 fichou polo Atlético de Madrid e chegou a ser internacional coa selección B de España), e por Ginés Fernández, (tamén xogador racinguista, que chegou a debutar co Real Madrid dos Zamora, Ciriaco, Quincoces, Luís Regueiro e compañía). A guerra civil truncou a súa carreira de éxitos, ata tal punto que varios dos seus integrantes tiñan recibido ofertas de equipos profesionais. O FÚTBOL ENTRE 1944 e 1963 Despóis do parón polo guerra, o fútbol en Cedeira non recuperou o pulso ata ben entrados os anos corenta. É no ano 1944 cando se disputa no areal o primeiro encontro entre o equipo local e unha selección ferrolá. Teñen que pasar todavía varios anos ata que por fin a finais da década dos corenta aparece o gran protagonista desta primeira etapa (aínda que non o único) : o Club Arena. Nace no barrio da Area, parroquia de Piñeiro, nunha multitudinaria reunión celebrada no Salón. En realidade, o verdadeiro cerne do club foi a idea dos mozos que se reunían nas dúas tabernas existentes no propio barrio (a de Moquiña e a de Loureiro) de formar sendos equipos que rivalizarían entre sí. OS EQUIPOS INFANTÍS DOS ANOS CINCUENTA Os dous primeiros equipos infantís xurdidos nesta segunda etapa fundáronse a principios dos cincuenta, un na Area (o equipo de Calel) e outro na vila, o do Churrioni ( Higinio Botas). Mantiveron unha sana rivalidade deportiva, enfrontándose en moitas ocasións, para deleite dos numerosos afeccionados que ían preseciar as súas evolucións, aínda que tamén xogaban contra equipos de fóra e mesmo se desprazaban a aldeas ou vilas cercanas. A SEGUNDA ETAPA (1971-2012) O club ingresa na Federación Galega de Fútbol en abril de 1971, participando desde ese momento en competicións oficiais. O EQUIPO DE AFECCIONADOS O equipo de afeccionados do Cedeira S.D. comezou a súa andaina como federado na temporada 1971 – 1972 en 2ª Rexional (actualmente, 2ª Autonómica), categoría na que militou sempre, agás nas temporadas seguintes, que o fixo en 1ª Rexional ( agora, 1ª Autonómica) 79-80, 80-81, e 81-82; desde a 84-85 ata a 89-90, ininterrumpidamente; na 91-92, nas 95-96 e 96-97 e desde a 2001-2002 ata 2004- 2005, tamén sen interrupción. O seu primeiro uniforme (idéntico ao do C.Arena) é: camiseta a raias verticais brancas e negras, calzón branco ou negro, e medias tamén a raias, pero horizontais . Durante as temporadas 2004 -2005, 2005 –2006 e 2006 – 2007, o Cedeira S.D. dispuxo dun segundo equipo de afeccionados que xogou en terceira Autonómica, clasificándose sempre polo medio da táboa ao remate de cada unha delas. GALICIA DE CEDEIRA (1977-1985) Fúndase na temporada 1976-77 e disólvese por acordo da directiva do Cedeira S.D., (do que era filial desde a temporada 1980-81) o 21 de outubro de 1985, segundo consta na acta correspondente á reunión celebrada nesa data. Durante toda a súa curta vida, competiu en segunda rexional. CEDEIRA S.D. CATEGORÍA XUVENÍL O equipo xuvenil do Cedeira S. D. participa en competición oficial desde a temporada 1972-73, de xeito ininterrumpido, agás na 2009-10.( na 2004-05, retirouse na xornada decimosexta) CEDEIRA S.D. CATEGORIA CADETES A primeira temporada na que o noso club comezou a competir nesta categoría foi a 90-91 (só no torneo copeiro). CEDEIRA S.D. CATEGORIA INFANTIL Participou por vez primeira en competicións oficiais, na temporada 1978-79, CEDEIRA S.D. CATEGORIA ALEVÍN. O primeiro equipo alevín data da temporada 1978-79, e ,desde entón, participou en competicións oficiais de xeito ininterrumpido ata o día de hoxe. CEDEIRA S.D. CATEGORIA BENXAMÍN (F-7) A primeira participación en competición oficial data da temporada 2003-04, facéndoo de xeito ininterrumpido ata o día do hoxe. CEDEIRA S.D. CATEGORIA PREBENXAMÍN (F-7) Participa en competición oficial desde a temporada 2006-07. O FÚTBOL FEMININO EN CEDEIRA O primeiro equipo feminino do Cedeira S.D. foi o da temporada 2010-2011. As xogadoras que tiveron a honra de disfrutar de tal privilexio foron : P: Irene (Caruncho) e María. D: Marta, Anita, Ceci, Irene (Rubido), Carmela, Naiara e Carolina. M: Andrea, Sonia, Claudia, Ana (Canosa) e Eva, D: Carmen, Inés, Sofi e Cris. Como xa se dixo, na actual, a 2011-12, son xa tres, dous deles de fútbol-8 e o terceiro, alevín, de F-7. En total, arredor de 70 fichas. Nótaselle ás nosas xogadoras, nas confrontacións con outras, que lles falta rodaxe, pero a súa progresión é evidente, e, se non se desmoralizan polos resultados adversos, pronto competirán en pé de igualdade. Ánimo, pois. O EQUIPO DE VETERANOS Na temporada 2011-12, de novo o Cedeira S.D. conta con un equipo de veteranos que participa en competicións oficiais, cousa que non facía desde comezos dos anos oitenta, en concreto desde a temporada 1982-83. Daquela, participou ao longo de 2 temporadas. Na actual, clasificáronse en 7º lugar na Liga e chegaron a cuartos de final no torneo copeiro. O plantel está constituído polos seguintes xogadores: Porteiros: Xosé Lois, Isi e Pablo (Nebril). Defensas: Pachi, Ángel, Amor, Juan (Gomariz), Jose, Andrés, Carlos, Dani, José Vicente e Pita. Medios: Diego, Alberto, Diego (Lano), Barri, Manolo, Alberto (Cerdido), Juan, Rubén e Richar. Dianteiros: Iñaki, Óscar e Pitillo. INAUGURACIÓN DO CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL EN AGOSTO DE 2009 En presenza do alcalde, José Luís Vergara, e outros membros da corporación municipal, inaugurouse o novo terreo de xogo do campo de O Beco, de herba artificial, con un entretido encontro futbolísticos entre os equipos, Narón e Endesa B, de As Pontes. A nova superficie, que algúns califican como algo dura e da que din que” carga” en exceso certos músculos, permite un rítmo de utilización do terreo de xogo que ben se pode calificar de frenético, con un grau de ocupación practicamente total ao longo de todos os días da semana (polas tardes) durante non menos de nove meses ao ano, algo indispensable para un club con case 300 fichas e máis dunha ducia de equipos nas distintas categorías. O XL ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO CEDEIRA S.D. O día 9 de abril de 2011 celebrouse no salón de actos do auditorio municipal un emotivo acto conmemorativo do 40º aniversario da incorporación do Cedeira S.D.á Federación Galega de Fútbol, ao que asistiu numeroso público. Nel proxectouse un vídeo recordatorio dos momentos máis destacados vividos ao longo destes anos no seo do noso club e entregáronse agasallos a aquelas persoas (polo menos a aquelas máis visibles) que desde o primeiro momento traballaron arreo e de forma altruísta para intentar a consolidación da institución, nomeadamente, os membros da primeira xunta directiva e os sucesivos presidentes/a que ata o día de hoxe o foron. Como parte deles xa non están con nós, estiveron representados por algún dos seus achegados. Este día, que quedará gravado en moitos dos membros da gran familia futbolística cedeiresa, rematou cunha cea de confraternidade nun coñecido restaurante cedeirés. FUENTE: TEXTO REDACTADO POR CAMILO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de CookiesAceptar